Incoherencia

Os discursos actuais do señor Rivera, o de “Ciudadanos”, non parecen gardar moita relación co que nun principio anunciaba, cando salientaba o mandato de cambio dos españois a través do resultado das urnas. Entón tiña claro que había que cambiar o xeito de facer política neste país e rematar coa corrupción. Agora di que non se sentará a falar cos que queren romper España, mais si, cos que animaban e protexían aos que a roubaban. Semella que hai certa incoherencia entre as dúas actitudes, a de antes e a de agora, pois consinte en cederlle o poder a don Mariano, malia ter dito que nunca o apoiaría. Mais a política é o que ten, que axiña pon a cada un no seu sitio; e o de don Alberte está claramente na dereita. Con todo o dereito a estar onde queira, pois que esa é unha das cousas boas da Democracia, pero tamén é bo saber quen é quen, xa que así é máis doado de se entender. Certo que hai diferenza entre romper e roubar, aínda que ás veces, as dúas cousas van xuntas. Ou non?

Incoherencia

Te puede interesar