GRAZAS

Hoxe é luns, o luns posterior a unhas eleccións que marcan un cambio radical no goberno da nosa cidade. O certo é que de paseo polas rúas é moita a xente que me para ou faime xestos para celebrar a vitoria de Ferrol en Común. Eu quixera aproveitar esta ocasión para agradecer a todas e a todos o voto, o apoio ou a difusión da nosa opción. Esta era unha campaña difícil, con moita confusión e pouco coñecemento do candidato e a “marca” que nos representaba. Eu sei, gústame que sexa así, que o noso electorado tradicional e o ocasional é moi esixente. Aquí non hai cheques en branco pero tampouco os pedimos. Ferrol necesita un rescate, ese era o noso lema, e dende xa poñémonos a traballar para que isto sexa así. Non se trata unicamente de cuestións materiais, necesitamos rearmarnos moralmente.  É posible que sexa a miña unha visión distorsionada polo sucedido nas últimas horas pero eu percibo que iso xa empezou onte. Grazas.

 

GRAZAS

Te puede interesar