CAMBIO

Polo que a min respecta só hai unha realidade, a necesidade de dar un xiro completo a esta casa común que chamamos Ferrol. A longa agonía na que practicamente nos criamos a maioría dos que hoxe habitamos a cidade ten que rematar. Parecen algúns satisfeitos de xestionar a decadencia pero o certo é que a situación laboral, social e demográfica nos fai camiñar sobre unha fina corda frouxa. Somos moitos os que amamos o noso ámbito, os que entendemos o enorme potencial dun lugar que ten xusto o tamaño das poboacións que copan as listas de mellor nivel de vida. É un clamor o que sostén que respectar as tradicións, os usos ou costumes non consiste nunha infinita liturxia de repetición de erros ou de pechar os ollos a outras formas ou actitudes que se están a demostrar máis humanas, sostibles ou progresistas máis alá dos nosos límites. A xente quere un cambio e iso non hai organización, comité ou enquisa que poida escondelo.

 

CAMBIO

Te puede interesar