TEIMA

Semella que o Partido Popular ten unha teima especial coa privatización e a Xustiza. Emprendeuna coa privatización en ámbitos como a Sanidade e a Educación; emprendeuna coa Xustiza, en temas como o do aborto, as taxas de acceso aos xulgados, e o dos partidos xudiciais, que segundo a nova lei desaparecerían e, ademais, coa non aplicación en España da Xustiza Universal, que pode significar a impunidade para aqueles que tiveran responsabilidades nos crimes do franquismo; e agora tócalle á privatización en servizos como o do Rexistro Civil. Todas estas reformas están a ser contestadas, non só polas asociacións cidadáns, senón tamén polo propio colectivo xurídico; mais non parece que as protestas cheguen a acadar unha rectificación. Como resultado, a Xustiza neste país, que xa non tiña moi boa sona, quedará para resolver os problemas da xente con certo nivel económico. Para noso consolo lembremos o dito aquel de: “É mellor un mal acordo que un bo pleito”. Pois si.

 

TEIMA

Te puede interesar