Impulso

Unha das miñas lecturas deste verán “Ponte no meu lugar”, é a recente publicación da Editorial Grupo 5 que recopila os trinta e catro relatos e seis poemas do primeiro concurso sobre o estigma da enfermidade mental promovido pola Unión madrileña de asociacións de persoas pro saúde mental entre os seus usuarios dos obradoiros de literatura.
Unha obra terapéutica que nace co obxectivo de promover un variado impulso: 1.- Do traballo que se realiza dende as asociacións e os lazos entre elas,centros e entidades públicas e privadas para continuar tecendo redes que favorezan o desenvolvemento e a calidade de vida. 2.- De recoñecemento e visibilidade das capacidades artísticas do colectivo e a posibilidade que xera a arte como ferramenta para millorar as súas habilidades. En definitiva para potenciar e seguir construindo comunidades máis inclusivas e empáticas que valoren e crean nas persoas.

Impulso

Te puede interesar