Avantaxe

Semella que as eleccións autonómicas van ser moi competidas, a xulgar pola paixón que amosan os candidatos, especialmente o do PP, pois o señor Feijóo está a lle botar “toda a carne no asador”, nunha forte “ofensiva”. Certo que conta cunha considerable avantaxe, pola presión indiscutible que o peso da Xunta exerce sobre os medios de comunicación, que lle dedican páxinas e fotos á moreas e, pola posibilidade de sementar cartos a mans cheas, desde os orzamentos galegos. Mais non só aproveita esa avantaxe inicial, senón que sabe adaptarse ás circunstancias, esquivando compromisos pouco útiles, eludindo nomear ao seu partido nas súas intervencións e, facendo gala dun galeguismo que, en certa medida, está a lle roubar o discurso galeguista ao resto dos partidos, sobre todo ao BNG, de tal xeito que parece que el é galego por riba de todo e de todos e que ama a Galicia máis que ao PP. Por iso, coido que os demais terán que esforzarse moito para contrarrestar esa avantaxe. Non si? 

Avantaxe

Te puede interesar