SOÑOS

Falamos, en tertulia alebrestada, porque hai moitas cousas que facer despois (“na” e “pola” vida) dos soños que nos abeiran, e nos confortan e nos fan rir ou chorar, dependendo. E contaba eu como a xente da miña quinta, e anteriores, adoitamos ter o pesadelo, recorrente, xa que logo, de que aínda non fixemos a mili, e temos que comprir acto contino con semellante obriga. Outra recorrencia onírica, neste caso para xente con titulación universitaria, é que aínda non completamos esta. De maneira que estamos a traballar ilegalmente, a risco de que nos apañen no fraude calquera día.

Á parte os soños comúns a todos de que caemos e caemos sen chegar nunca ao chan, de que estamos en pelota no medio da rúa, e xa postos nesta liña eses soños eróticos de lóxica explicación ás veces, e outras sen senso ningún que nos levarían por terreos infindos e sen lugar no espazo desta columna.

E postos a tertuliar fala Prado, licenciada en Física, nun soño nela reiterado no que aparece ela mesma como unha derivada integral (que ten que resolver, que “resolverse”, co que a cousa adopta caracteres ben freudianos, e nunca mellor dito).

Outras veces Prado Buitrago, de Puertollano, ten soñado que a persigue un “hamiltoniano”, función relacionada coa enerxía dun sistema mecánico, que xa son gañas. A María Ángeles quen a persigue é, non obstante, un polimonio de grao 7. E é que: ¡que raras estas mulleres “de Ciencias” soñando cousas! ¡Que envexa!

SOÑOS

Te puede interesar