Enerxías

Endesa pecha as térmicas de León e Andorra en silencio tras asegurar os postos de traballo e investimentos de 1.000 M de euros en renovables. En As Pontes un ano atrás o Presidente da Xunta, o seu Alcalde e a empresa fotografáronse celebrando os investimentos millonarios que permitirían á planta continuar aberta até 2030. Agora Endesa asegura que non os fará e sorprende que nin o Sr. Feijóo nin o Alcalde da localidade lle pidan contas por enganalos 15 meses atrás. 

Mentres Endesa recibiu gratis en febreiro unha autorización do Estado para construír unha planta de almacenamento de enerxía con baterías. Unha instalación do tipo das que Irlanda vén de adxudicar a cambio dun prezo fixo da electricidade para os próximos 6 anos co fin de que no 2020! o seu consumo eléctrico sexa nun 40% procedente de renovables.

A transición do carbón será con renovables ou con gas e sabemos que até 2040 o investimento en baterías multiplicarase por 122, e aínda así o PSOE autoriza a cambio de nada este tipo de instalacións sen aclarar a enerxía que as fornecerá e sen garantir os postos de traballo actuais. Mentres entretémonos resolvéndolle o problema do custe das emisións de CO2 a unha empresa que obtivo 1.500 millóns de beneficio en 2018, que pretende facer a transición do carbón con gas, tamén fósil e que non considera ás persoas traballadoras a súa responsabilidade.

Enerxías

Te puede interesar