A paisaxe

on se pode negar que o presidente da Xunta é un home activo e con ideas. Malia que as súas ideas non gusten a todos, polo menos, o que é mover, móvese. Véxanse se non os xornais, nos que ocupa a cotío un importante espazo, case sempre con fotografía incluída, anunciando novas medidas do Goberno. Agora, vaise protexer “a vista do litoral desde o mar”, sen dúbida para disfrute dos turistas marítimos que pasan diante das nosas costas. Iso está moi ben, pero haberá que facer algo para que os que entren na ría (que tamén é mar), non vexan o esperpento dos horrorosos tanques da planta de gas, que a lei xa declarou ilegal, polo seu negativo impacto ambiental. Claro que sempre se poderá explicar aos turistas que “iso non é litoral”, ou que se considera “unha excepción”, por “un encaixe legal” , “simulado e diferido”. E todos tan contentos, non si? Ben mirado, non se consola quen non quere. E ademais, os turistas non votan, pero aquí, os que votamos, calamos, así que...       

A paisaxe

Te puede interesar