Realidade

A situación política actual parece confirmar que aquilo de “as dúas Españas” non é un tópico, senón que é unha pura realidade. Semella que a cidadanía segue a estar dividida en dous bandos. Desde a esquerda se acusa á dereita de “cavernícola” e servidora do neocapitalismo; desde a dereita, se acusa á esquerda de “anti sistema” e rompedora da unidade do Estado. Sen entrar a xulgar as acusacións duns ou dos outros, a realidade é que o enfrontamento está latente, non só no eido da política, senón tamén na rúa, nos comentarios da xente, entre os veciños e, mesmo entre membros dunha mesma familia. É dicir, seguimos en guerra, nesa guerra civil que, hoxe afortunadamente, é menos “incivil” que a do ano 36, pero cuxas consecuencias son a perda de dereitos e liberdades, a corrupción e o desexo de enriquecemento dos que buscan o poder para os seus propios fins. Coido que alguén terá que ceder e solidarizarse cos que están a pasalo mal. Porque senón, os políticos sobran

Realidade

Te puede interesar