A representación da vergoña

Tanto no seu día como hoxe a utilización, que se fixo e se fai, da morte de Miguel Angel Blanco roza o esperpento. 
Rendemento electoral, mediático e económico tanto para o PP como para a súa irmá, que pasou do anonimato a vivir e medrar a costa da morte de quen levaba o seu sangue.
Hoxe seguen a ser tan miserables como onte, seguen a utilizar a figura dun dos moitos mortos por unha acción terrorista como se fora o único, como se fora a representación de todas as vítimas.
Ninguén o elixiu como representante de todas as vítimas, ningún morto vale máis do que outro, non hai terrorismos de primeira ou segunda, e as homenaxes ou son para todos ou non son para ninguén por imposición, obra e graza do PP.
Manuela Carmena, alcaldesa de Madrid, nen é pro ETA, nen é inimiga a bater e a apoupar nun acto ao que, en principio, nen tan sequer estaba convidada. Con bo criterio, decidiu non facer un agravio ás vítimas do terrorismo colocando un cartel en exclusiva para Miguel Ángel Blanco, que non deixa de ser un máis, por moito que súa irmá continúe a vivir da súa morte e considerando que representa a todos.
Todas as vítimas merecen a mesma consideración, mais aínda me falta ver o día en que alguén da caverna pepeira condene as mortes do franquismo e o franquismo en si e o golpe do 36, que considere vítimas a todas aquelas que persisten abandoadas en tantas cunetas sen nome nen cemiterio onde honrar e levar unha flor, falta o día en que consideren vítimas aos mortos dos atentados do 11-M, falta o día en que Pilar Manjón deixe de sentirse ameazada por clamar xustiza e dicir verdades, porque iso tamén é terrorismo, despois de perder un fillo a mans de terroristas ten que padecer o terrorismo do máis vil e noxento facherío deste impaís. 
Falta o día en que se consideren vítimas as mulleres asasinadas polo terrorismo machista, falla o día en que consideren vítimas aos que sucumbiron por culpa do seu latrocinio e recortes, e falla, señores do PP, o día en que consideren vítimas a calquera vítima que non sexa da súa corda e que non poidan rentabilizar política ou economicamente.

A representación da vergoña

Te puede interesar