Sargadelos

|

Noticias sobre a situación na fábrica de Sargadelos ocupan estes días espazos nos diferentes medios informativos. Onte mesmo podíamos ler nas páxinas do noso Diario que un xulgado do social de Lugo vai ser quen resolva a demanda presentada pola UGT contra o despedimento de 49 traballadores da planta de Cervo. É máis que evidente que a perda dese número de postos de traballo nun concello pequeno ten relevancia de abondo, de aí que teña suscitado chamamentos á concordia entre a empresa e os traballadores por parte das autoridades locais. Os chamamentos doutro tipo para salvar a empresa resúltanme extemporáneos e difíciles de entender. Desde a defenestración de Isaac Díaz Pardo, iniciada por volta de hai dez anos, o grupo Sargadelos perdeu para sempre o espírito fundacional. Os novos rexedores orientaron as empresas do grupo a procurar obter os maiores beneficios económicos, o habitual neste tipo de actividades Converteron o grupo Sargadelos nunha empresa como as máis, despreocupándose dos  aspectos espirituais que, ademais dos materiais, tamén preocupaban a Díaz Pardo. E aí acabou a historia. 
 

Sargadelos