Cuantificar

Matinando sobre o tema das pensións, deume por considerar a dificultade de cuantificar a recompensa que debería recibir un traballador, despois de haber empregado unha grande parte do mellor da súa vida ao servizo dunha empresa, dun país e da sociedade en xeral. Por suposto que, habería que ter en conta a diversidade de traballos e a dificultade de cada un deles, que tería que repercutir non só, no seu salario en activo, senón tamén na súa pensión, cousa que se fai a través das respectivas cotizacións. Mais axiña decateime da imposibilidade de cuantificar o beneficio que para a sociedade representaba a actividade de cada un e o esforzo ou o sacrificio que representaba de xeito individual. E a conclusión foi que, a empresa, o país, a sociedade en xeral, beneficiábanse do traballo de todos e, xa que logo, a recompensa debería establecer un mínimo que cubrise as necesidades dunha vida digna. Sen esquecer aos que, nunca puideron cotizar. Digo eu, claro, pero...

Cuantificar

Te puede interesar