De que falan nunha clase de Galego?

onte falando cun rapaz estudante da 3º ESO nun colexio público preto de Carballo, pregunteille se coñecía a Manuel Rivas. A súa resposta foi: Non sei quen é. Entón pregunteille por Yolanda Castaño, Luz Pozo Garza, Miguel Anxo Fernández e a ninguen coñecía. Sorprendime moito ese descoñecemento polo que lle pedin os seus libros de Literatura Galega. Trouxome tres libros da Editorial Anaya nos cales no desglose das primeiras páxinas falan de potenciar o pensamento crítico, aprendizaxe cooperativa, emprendemento… 
O índice dos apartados correspondían a número 1 abrese cun texto breve de lectura dunha obra. O 2 é unha  analise do texto. 3 Vocabulario. 4 Ortografía. 5 Lingua e sociedade. 6 Literatura e o 7 Obradoiro de Literatura. O rapaz dime que o apartado 1 do texto non o len nunca, “sáltanno”. O mesmo sucede cos números 6 Literatura e o 7 Obradoiro de literatura. Segundo a súa profesora non son necesarios.
Neses extractos de textos “que non len” aparecen autores coma: Rosa Aneiros, Álvaro Cunqueiro, Ledicia Costas, Xoan C. Vidal, Celso Emilio Ferreiro e moitos máis. No apartado 6 de Literatura aparecen biografías entre outras de: Rosalía de Castro, Curros Enriquez, Eduardo Pondal, Lugrís Freire, etc. No apartado 7 chamado: Obradoiro de literatura , enténdense que é para o desenvolvemento, coñecemento e divulgación das diferentes maneiras creativas da literatura desde a creación de contos, videopoemas, texto teatral, recitado, adiviñas, cantigas hasta como facer unha entrevista o unha copla dos Maios.
Eu non son docente, pero penso que é un atraso a omisión da lectura xa que acarrexa un descoñecemento dos nosos autores máis cando se trata da asignatura na que se ten que  falar deles e máis ilóxico me parece que despois no apartado 2 se teña que facer unha analise do texto que non se leu. Tampouco contribúe a que os rapaces collan o habito da lectura cando a mesma mestra dille que o salten.
De igual maneira o deselvomemento da creatividade do alumno ten que pasar por ese proceso necesario das diferentes expresións das técnicas da literatura pois todos os contidos do apartado 7 son desprezados pola profesora que non lle dá a debida importancia. A cultura engrandece a unha persoa, a un pobo, a unha nación. Mal imos se queremos que a nosa lingua sexa coñecida e perdure se nos centros de ensino non se fala de quen por medio da palabra escrita nos representan e cortase as ás de futuros escritores, poetas, actores, periodistas se no colexio non se deteñen meses apartados de ensino creativos. Temos moito que cambiar e mellor maneira para todo e desde a educación. Os pais debemos falarlle os nenos de Rosalía de Castro ou álvaro Cunqueiro como país da nosa lingua. Pero a profesora deste neno ten a obriga pola súa condición de mestra de Lingua Galega de falarlle os nenos de Ledicia Costas, Celso Emilio Ferreiro e tantos outros. A conversa con este neno tivo lugar ao día seguinte da triste morte de Paco Souto.

De que falan nunha clase de Galego?

Te puede interesar