NOVOS TÓPICOS

|

Un como galego natural, dos de toda a vida, dos que comen platos de cociña autóctonos como a ensalada rusa acompañada de clarete, sentinme moi contento de ver o debate entre dous dos no sei cantos candidatos a gobernar o reino. Polo menos foi ameno, en consonancia coa política actual e vino dentro do normal. O que me pareceu máis disparatado é propór que o conxunto da comunidade sexa un escenario de cinema. Somos comediantes, pero non tanto. Tamén hai que recoñecer o esforzo dos promotores do poco celta, que xa é máis afamado en Madrid que por aquí, como recordaron certos candidatos madrileños en campaña galega, de modo que o ranchiño galaico vai camiño de convertese nun tópico máis dos que nos afectan, aínda que non cheguemos a ser motivo dunha película sobre apelidos, porque aquí todos somos pérez por inmensa maioría. O que creo é que os futuros deputados saídos da comunidade van seguir consolidando pailanismo galaico.

NOVOS TÓPICOS