GALICIA, UN REINO QUE NON FOI UNA ANÉCDOTA

Por estas datas, no ano 406, os suevos, vándalos e alanos, atravesan o xeado Rin, que era daquela o límite co Imperio Romano. Fano camiño da Galia. Tiñan un acordo con Estilicon, xeneral romano que lle quería disputar o poder ao emperador Honorio. Non foi posíbel, e estes pobos xermánicos decidiron franquear os Pireneos. Así comezaba a historia do chamado Reino Suevo da Gallaecia. Durou até o ano 586, cando foron vencidos polos visigodos. Mais o territorio mantivo a súa singularidade, tal como o recoñece o Papa Gregorio Magno nunha carta dirixida a Recaredo, cando se dirixe a el como “rei dos godos e dos suevos”. Durante o “Reino Suevo” acuñouse moeda e fixéronse varios concilios (Braga, Lugo), nos que se organizou o territorio e tomáronse medidas contra os priscilianistas e pagáns. Porén, esta non foi a única experiencia dun reino propio dos galegos e galegas, no período do ano 910 ao 929, Ordoño II e Sancho Ordóñez foron reis únicos de Galiza e despois seríano de León. Mais coñecido é Garcia (1065 a 1072) que devolveu a Braga o seu rango de bispado. E, por último Afonso VII foi entre o 1111 e 1126 só rei de Galiza. A independencia do sur, co nacemento de Portugal, debilitou o vello reino. Porén é errado pensar que non se mantiveron os lazos entre a nobreza e o clero, así como o feito integrador dunha lingua, cultura e historia común. Agora ben, fixeron tanto pola ruptura política os conflitos entre os curmáns Afonso VII e Afonso Henríques, e as ambicións de Gelmírez, como o cisma relixioso de 1378 entre Roma e Aviñon. Malia, a perda de poder da nobreza, os fracasos dos proxectos de unidade posteriores con Portugal, e a castración e doma polos Reis Católicos, o Reino tiña plena vixencia legal cando a invasión francesa. Por este motivo en 1808 formouse unha Xunta Suprema do Reino na Coruña, que asume todo o poder, procedendo a nomear embaixadores, formar exércitos e mesmo chega a acordos con outros reinos, como Castela, Portugal e Inglaterra. Coa reforma constitucional de 1833 desaparece o Reino e Galiza divídese en catro provincias, perdemos así a soberanía formal. Que hoxe tería tanto valor, ollemos para Escocia.

GALICIA, UN REINO QUE NON FOI UNA ANÉCDOTA

Te puede interesar