Se non é de beber

Os galaicos somos xente capaz de tomar a fouce e o martelo para degolar e descabezar a un veciño por un palmo de terra, pero iso de entrar en combate pola auga non é moi noso, máis ben de residentes en clima seco. Por iso o rexedor vigués, tan amante das polémicas, quere deixar enxoitos aos territorios limítrofes por manter verde e lustroso o diferentes dinosetos que hai polo seu municipio. Que tome exemplo do concello ferrolano, que hai anos era o único de Galicia que tiña auga potable tasada cando chegaba o verán, pero cun arranxo de tuberías solucionaron o problema para sempre. Aínda así, o alcalde comuneiro non perde o tempo en aconsellar a ducha en vez do baño para a hixiene diaria, como se os veciños fosen parvos e non soubesen o que teñen que facer. Só lle faltou aclarar aos usuarios de Emafesa que potable non quere dicir que se verta na pota. Pero non é o único, en datas de seca sempre hai expertos máis dados a parolar que a deixala correr.

Se non é de beber

Te puede interesar