Ficcións

Había unha vez uns netiños cuxo avó tivera unha traxectoria vital do que calquera descendente se avergoñaría. Mais eles, en vez de condenar a súa conduta, solicitaban para el grandes honores co gallo do traslado dos seus restos mortais a unha nova ubicación. Algúns compañeiros de profesión do vello alegaban que destacara na súa formación, que fora un grande estratega. Certo era. Conseguira ter aterrorizado un país durante moitos anos e, mesmo tempo despois da súa morte, mantiña un grande elenco de seguidores. Uns a cara descuberta e outros sen querer condenar os seus crimes e o seu mandato ditatorial. Todos os netos de asasinos sanguinarios estaban pensando en solicitar o mesmo. De súpeto, chegou unha proposta moito máis chusca e que de seguro a el lle agradaría, pois por algo a implementou. Trasladar os restos dese querido avó a unha cuneta ou fosa común das moitas que aínda existen no país, e que os netos se dediquen a buscalo durante 40 anos loitando contra os atrancos e ninguneos do poder.

Ficcións

Te puede interesar