Boa idea

Se cadra con maior frecuencia do que se poida pensar, adoitamos escoitar –en español, por suposto– o erotema “Para que sirve el gallego?, ou algún outro parecido. Interrogación retórica que, xeralmente, queda sen resposta. O normal é que quen formula a pregunta xa teña clara unha resposta: “Para nada”, idea que pretende inculcar ao seu interlocutor por se este non tivese unha posición definida ou pensase de xeito diferente. Penso que non esaxero nin un chisquiño. Sobre este tema non todo o mundo pensa igual. Hai uns días atopeime con que nas caixas de pagamento dun supermercado –dunha coñecida cadea non galega– estaban a vender, ao mesmo prezo que as habituais, unhas bonitas bolsas de levar a compra –en edición limitada, ollo ao dato– rotuladas con palabras galegas e deseños alusivos ás mesmas: agarimo, xoaniña, orballo, larpeirada... Semella obvio que a persoa á que se lle ocorreu esta idea pensa que o uso do galego non resta ganancias, como parecía demostrar o ritmo de venda das bolsas que observei.
 

Boa idea

Te puede interesar