O NOTARIO

Hai catro anos Rey Varela asinou ante notario unha serie de puntos que marcarían os eixes do seu goberno se, como finalmente sucedeu, chegaba a gobernar. Empezaba cunha introdución onde sinalaba a perda demográfica e o desemprego da cidade como os principais problemas a resolver. Non é necesario indicar que lonxe de arranxarse as devanditas cuestións se afondou moito máis nelas. Pode parecer inxusto este comentario xa que estes parámetros veñen marcados en ocasións por decisións que teñen máis que ver con outras administracións pero non é menos certo que os gobernos neses lugares teñen o mesmo nome que o de Ferrol. Desenvolvía  unha serie de cuestións sobre contención de taxas e impostos, participación da cidadanía, consenso cos grupos da oposición, etc, que ben pódese dicir que incumpriu sistematicamente. De ser así solicitaba á cidadanía que llo demandara... non se me ocorre mellor forma que facelo que nas urnas.

 

O NOTARIO

Te puede interesar