Dividindo (I)

|

Ben sei que non son quen para lle dar consellos ao Goberno de España, pero está claro para min, que o humorismo é o mellor tratamento que se podería aplicar no caso do problema catalán, se cadra poñendo en xogo a norma aquela de, “divide e vencerás”.  Quizabes dividindo a cuestión en dúas partes, por unha banda o tema da República e pola  outra o tema da Independencia, poderíase chegar a un entendemento. No caso da República, a solución sería moi fácil: bastaría con que a Cataluña se lle aplicase o nome de “República catalana” (e sen “roubala” claro) e todos contentos. Así, definiríamos o Estado español como: o conxunto de 16 Comunidades autónomas, dúas Cidades autónomas e a República catalana. Habería que cambiar algo a Constitución, pero iso sería “pataca miuda”, como dixo un famoso presidente futbolero. E despois poderíase falar de independencia. Que isto é unha parvada? Pois si, pero total unha máis... E como dixo alguén, en serio, “cousas veredes”, non si?

Dividindo (I)