Asociacionismo

quel movemento veciñal do último cuarto do século pasado, en moitos casos estaba organizado e dirixido por traballadores da Bazán e, inspirado na loita dos sindicatos e de destacados membros do Partido Comunista, cuxa labor non sempre foi debidamente recoñecida. Eses dirixentes tiñan unha preparación cívico-social, froito dun eficaz aprendizaxe. Mais os emerxentes partidos políticos decatáronse da valía daqueles dirixentes, e comezaron a incorporalos aos seus respectivos cadros, nunha operación que se dou en chamar “o descabezamento do movemento veciñal”. Coido que iso provocou o esmorecemento das asociacións de veciños, aumentado pola entrada en acción do PC, que incorporaba ás súas filas, aos homes e mulleres máis destacados na defensa dos dereitos e as liberdades. O problema é que agora, os partidos non terán onde “pescar” novos militantes, a non ser algún oportunista que se apunte para tentar de sacar algún proveito. Porque, habelos hainos. Ou non?

Asociacionismo

Te puede interesar