PARTICIPACIÓN

Hai unha demanda que a miña organización repite case como un mantra. Sempre en cada situación pedimos en primeiro lugar que se xere a participación cidadá. Isto é así porque estamos convencidos da importancia que isto supón por varias cuestións. Nun momento onde a democracia precisa con urxencia unha rexeneración, encontrar novas vías de desenvolvemento, antóllasenos que potenciar o papel da cidadanía na toma de decisións é fundamental. Cumpre ademais un importante labor pedagóxico á hora de coñecer os problemas que afectan ao conxunto da comunidade e cuales son as prioridades e maneiras máis adecuadas á hora de resolvelos.
Finalmente, e non menos importante vendo o mapa da corrupción no noso país, é un importante filtro ou instrumento de control á hora de xestionar as relacións entre os poderes públicos e as empresas privadas que se producen con motivo das necesarias intervencións a realizar.

 

PARTICIPACIÓN

Te puede interesar