Ecuación

|

Tradicionalmente tendentes a dedicarse á docencia, as persoas licenciadas en matemáticas son profesionais cada vez máis demandadas polo mundo empresarial. Poseen unha formación que os  adestrou exhaustivamente en pensar, razonar e buscar a solución óptima a un problema, cualidades moi útiles no ámbito laboral xunto coa aplicabilidade desta ciencia na vida real.
Quizais a Consellería de Política Social debera consultalos para resolver porque non se asignan dende hai varios meses dúas prazas libres para persoas dependentes no centro de día de San Sadurniño. A ecuación que os enreda e que mantén infrautilizado un recurso dispoñible é en apariencia sinxela: existencia de demanda de prazas (A) máis existencia de oferta de prazas libres (B) partido polos tempos de tramitación © é igual á prestación efectiva do servizo (D).
Dado que A e B contan cun número mínimo, que nos falla para acadar D?

Ecuación