Perdóaos

|

En verdade, é xusto e necesario pedirlle a El Señor que os perdoe. Que perdoe a aqueles que castigaron a un rapaz andaluz por querer parecerse a Xesús. Perdóaos Señor, porque non saben o que fan. Ou si o saben? Será que teñen medo de que se produza unha resurrección masiva de xente que queira parecerse ao crucificado?  Eles saben que Xesús quedou cravado e ben cravado, pero que deixou unha mensaxe de esperanza  e de loita contra os abusos dos que teñen o poder. E saben que expulsou do templo aos “mercaderes” e que ameazou claramente aos que escandalizaban aos pequerrechos. E, xa que logo, habería que castigar aos que queiran parecerse a “El Pescador”?  Será que saben tamén que, se hoxe xurdira un novo Xesús, sería inmensa a multitude que iría tras el, farta de soportar inxustizas?. Quen pode sentirse ofendido nos seus sentimentos relixiosos? Só aqueles falsos cristiáns de panza chea e corazón baleiro. Por iso, perdóaos Señor, e perdóame, porque eu non podo perdoalos.

Perdóaos