Superpoderes

Lin hai pouco afirmar a un científico galego que “o bilingüismo non supón ningunha vantaxe especial para o cerebro”. Que en calquera caso serían equivalentes ás de facer deporte ou xogar ao xadrez. Tales como reducir a dexeneración neuronal, facilitar a concentración ou potenciar a memoria. Que ten o galego que provocar en nós? Superpoderes próximos á telecinesia para afirmar que en nós hai algo positivo? Ser galegos é o noso pecado orixinal? Nunca faremos suficiente para librarnos do estigma que impide que abandonemos o noso innato barbarismo e participemos plenamente das bondades do monolingüísmo civilizador? Abatido polo peso da ciencia, decidira abrazar o progreso definitivo e escribir este artigo en inglés cando lin a outro científico afirmar “o monolingüísmo é o analfabetismo do s. XXI”. E pensei, mentres a obxectividade científica non me aclare que facer seguirei a guiarme polo criterio de defender aos que sen superpoderes se enfrontan a diario á supremacía do establecido.

Superpoderes

Te puede interesar