Por que non foi antes?

Non vou ser eu o que critique o feito de que, por fin, Ferrol conte cos orzamentos municipais, pois doado é que os teña despois de tanto tempo de dimes e diretes. Quen deles dubudiba –entre os que me atopo– deberían facer un acto de contrición, ao menos o que respecta a este exercicio. Mais non poido deixar de pensar en que o feito de que saíran adiante debeuse ó respaldo da oposición de esquerdas, aquela que precisamente aupara ó alcalde á presidencia da corporación. Claro que tamén foi necesario o seu voto de calidade por mor da abstención da súa exintegrante de goberno. Pero a pregunta que me fago é por que esa mesma oposición de esquerdas tivo tanto tempo aparcado o tema dado o seu “compromiso”. Talvez tamén eles teñan que facer acto de contrición.

Por que non foi antes?

Te puede interesar