Bágoas agridoces

Hai veces que non se poden conter as emocións, e estes días andan desbordadas. Como parte de Acouga estou vivindo, xunto cos nosos asociados, momentos inesquecibles que che fan chorar coa emoción de quen vai recuperar o seu diñeiro, máis incluso que se fora eu quen recuperara eses cartos. A contrapartida é cando unha sae do despacho chorando coa anguria de verse coas mans atadas, sen ter o poder de evitar un desafiuzamento. O vindeiro día catro de xaneiro un maldito banco botará á rúa a unha família coa hipoteca case a punto de cancelar, unha família pagadora a quen a vida lle dá as costas. Está tan perto e tan segura a recuperación dos xuros abusivos pola cláusula chan que lle impuxo o mesmo banco que os deixa na rúa, sen casa, sen esperanza e co futuro pendente dun fío, que ten que haber un resquicio polo que poida entrar a luz. Un xeito de frear os voitres que rouban con luva branca, e seguen sobre a súa presa até rematar con ela unha vez lle devoraron as entrañas.
 

Bágoas agridoces

Te puede interesar