Histórica

Chega tarde, sabido é que á vila algunhas cousas chegan tarde. Noutras localidades xa hai lustros que se desenvolve con total e absoluta normalidade e dilixencia. Chega tarde e chega pola insistencia da sociedade civil.
O pasado mércores día dous de outubro de 2013, foi unha data histórica para a comunidade educativa do CEIP Nicolás del Río de Cedeira.
O traballo previo no 2011 a través das alegacións e propostas da Anpa e o acordo actual coa nova directiva do centro para o cumplimento integral da orde do servizo de comedor, posibilitou que nesa xornada, as nais/pais presentados á convocatoria de búsqueda de voluntarios, se incorporasen no horario establecido en igualdade de condicións como colaboradores dese servizo. Noraboa ás oito persoas seleccionadas. Exercede o voso dereito á participación con responsabilidade, traballade duro e vade a servir. Recordade que estades abrindo camiño.

 

Histórica

Te puede interesar