RENUNCIANTES

A rexeneración democrática que din que hai agora está a crear a figura do renunciante, que vén sendo como un que di que non a algo que nunca lle pediron ou propuxeron. É algo así como o de autodescartarse. Unha idiotez máis á que nos teñen afeitos os autoproclamados pais de patria. Eu por exemplo, que non son menos que eles, descártome para participar nos cen metros planos dos xogos olímpicos, así que calquera día emito un comunicado e paso a ser renunciante oficial. O xefe socialista renuncia a presentarse á Xunta, o caso e que eu non sabía que ía encabezar o cartel do PSdeG. Tal como están a cousas a única autoproclamada con autoexito foi Yolanda Díaz, do resto aínda non se sabe nada. Calquera día estes autorenunciados farán diso a súa profesión. Pero disto só entendemos os galaicos, porque desde a capital do Reino aínda confunden Vigo con Lugo e a Gómez con López, así que seguimos igual pero con máis descartados.

RENUNCIANTES

Te puede interesar