¿NUEVA DISCIPLINA OLÍMPICA?

Agora que entramos nun ano olímpico, deberamos pedir que se incluira a práctica dos recortes como disciplina olímpica e presentar ao equipo económico do PP, centrais e autonómicos, como os nosos mellores representantes en tan recurrente práctica, eso si nas declaracións públicas xa que na intimidade falan outras linguaxes: saben que son os únicos culpables dos altos déficits que sufrimos polos seus contínuos dispendios. Sempre pensei que os recortes eran un medio, limitado e medido, para acadar un resultado pero semella ser un fin en si mesmo que ameaza con asentarse entre nós.

Una vez recortado todo o recortable (e máis alá) e non quede nada máis de onde quitar e pase o tempo das eleccións andaluzas, de botarlle a culpa aos anteriores e aos cidadáns por despilfarradores, qué futuro temos? Mentras Mariano practica o recorta que algo queda, e anda polo mundo para ensinar como facer as cousas “como Deus manda”, Feijoo I “O Paseante” anda de foro en foro explicando… qué? O fracaso da creación de emprego? Os recortes aos funcionarios? Da barra libre para instalar piscifactorías?

Pase o que pase en Galicia, non lle vai caer enriba xa que cando ocorra, estará dando consellos noutras latitudes. Polo demais non chove; Garzón xa foi expulsado da carreira xudicial como algúns pretendían; Urdangarín fai sesión doble coma nos antigos cines; en Valencia declaran aos estudiantes enemigos; o Goberno cre ser divino e intocable… mentras unha convicción medra: non teremos que recortar aos recortadores?

 

¿NUEVA DISCIPLINA OLÍMPICA?

Te puede interesar