Todo negocio

Desde que hai un par de anos pasei alí tres marabillosos meses, cada vez síntome máis a vontade na cidade de Braga. Xa que logo, visítoa con relativa frecuencia. Sempre que hai unha fin de semana un chisco longa, mais non o suficiente como para que pague a pena realizar un desprazamento máis longo, Braga sempre está aí como destino. É por iso que aló fun pasar a ponte do Día das Letras Galegas; falando portugués, que galego xa falo o resto dos días do ano. Iso, malia que, como a hostelería portuguesa do norte –adoita acontecer o mesmo en todas as partes– xa ten ben sinaladas nos seus calendarios as datas de desprazamentos masivos de galegos, os prezos do aloxamento superaban como mínimo o cento por cento dos habituais neste tempo. E tanto tiñan hoteis, pensións ou eses pisos reconvertidos que comezan a proliferar. Aló por 1968, Pedro Lazaga titulara El turismo es un gran invento un daqueles seus populacheiros e insufribles filmes protagonizados por Paco Martínez Soria, que facía de alcalde que quería turistizar a vila para que non emigrasen os mozos. Hoxe, a transformación das vivendas en aloxamentos obriga a marchar a mozos e vellos.

Todo negocio

Te puede interesar