Os cambios

Non é pouca cousa o feito de que o presidente da Xunta tome agora a determinación de executar cambios no seu equipo de goberno. A primeira lectura evidente é a de que a resistencia, a mobilización, ten un elevado valor político. Non pode entenderse doutra maneira o sucedido coa conselleira de sanidade, destituída en boa medida pola contestación social xerada pola súa xestión. A segunda cuestión ben visible é a necesidade de Feijóo de atopar acomodo a altos cargos locais derrotados tras as pasadas eleccións municipais. Lembremos que o líder do PP galego presumía de contar con menos consellerías cuestión que aparentemente supoñía un aforro, política que varía agora de maneira drástica. A terceira en clave local é o nomeamento de Rey Varela, ex-alcalde da nosa cidade, como conselleiro de políticas sociais. Pouco aguantou o actual xefe da oposición ferrolá no posto, tampouco pode entenderse como sorprendente o sucedido pero o certo é que o traballo do seu equipo na área da que agora é responsable foi moi deficiente.  

Os cambios

Te puede interesar