AUGA, FRAUDE E CORRUPCIÓN

|

Estes días en Ferrol andamos a comprobar como se teñen subordidado os interesres dos veciños para beneficio unicamente duns poucos. Resulta que se nos decía que se estaban a depurar integralmente as augas suxas de dez mil veciños da cidade e agora enteramonos que  todo era  falso. Que non só se lles estaba a cobrar unha taxa ilegal a toda a veciñanza senón que non se estaban a depurar as augas residuais, polas deficiencias das instalación da EDAR de cabo Prioriño. Isto amosa que as denuncias que se viñan facendo por parte de diversos colectivos da cidade deberon de ser atendidas moito antes por parte dalgunha autoridade competente. E agora tamén atopamonos que tivo que ser o novo goberno municipal encabezado por Jorge Suárez quen destapara todas estas irregularidades e falsedades que tanto o anterior goberno municipal como a parte privada de Emafesa estaban a agochar. A posta en marcha e as encomendas de xestión da EDAR de Prioriño foron procesos totalmente irregulares e opacos, feitos ás presas, sin os informes preceptivos para imputar o cobro da taxa, e co único obxetivo de vender electoralmente un saneamento que non era tal. Chegouse a facer unha visita á depuradora en marzo deste ano por parte da conselleira de Medio Ambiente e do anterior alcalde felicitándose de que Ferrol xa estaba a depurar integralmente un millón e medio de metros cúbicos de augas residuais e de que gracias a xestión “popular” a ría era xa apta para o marisqueo e para o baño. Esta campaña foi moi intensa en prensa, radio e televisión nos meses previos ás eleccións municipais. Non só se estaba a contaminar o medio mariño senón que tamén se estaba a intoxicar á opinión pública. O único  que estaban a facer as autoridades disque competentes era verter directamente ó mar as augas residuais sin depurar, provocando con elo  unha grave contaminación ambiental e un posible delito ecolóxico nunha zona declarada Rede Natura 2000 e con un grande interese natural. Esta cadea de despropósitos e intereses espúreos débese no fondo ao mestizaxe do poder político e económico que vivimos ou padecimos nos últimos anos. E para que os subministros básicos das familias, auga, luz estén garantidos e non estén sometidos ós interéses deste capitalismo feudal que padecemos. Na nosa mán esta revertir os procesos de privatización e sometemento a intereses que non son os das maiorías sociais. 

AUGA, FRAUDE E CORRUPCIÓN