Trump e a non ética

exo a mister Trump lanzado á venda de armas a Arabia Saudí. Si, esa á que precisamente non lle gosta a moitos deste país iso de facerlle unhas corbetiñas, aínda que sirva o contrato para non contar as fabas en moitos fogares. Entre os meus principios está o do non á guerra, sobre todo porque de moi neno vin unha e, aínda que no me enterei moito, si que puiden ver dabondo na paz dos vencedores para non desexarlla a ninguén. Pero o certo é que a guerra, ou eso que chaman disensión, que consiste en ter tanto o máis que outros en cuestión de foguetes dos “chungos”, da moito de comer. O cinismo é o que si que non alimenta. Como na guerra, prefiro coñecer ó meu inimigo antes que non saber a bota que calza. A realidade e que a ética non poden tela en conta os mortos, que son os que xa nada poden dicir, pero si os vivos, que aínda sabemos que hai que selo dabondo para non morrer, aló menos non de fame mentres outros se fartan.

Trump e a non ética

Te puede interesar