Comedia de Feijóo

|

Esta semana visitounos un conselleiro, o de industria, que non quere saber da realidade do paro e a angustia social desta comarca. Representa, na comedia de Feijóo e o naval, o papel do ignorante, para fuxir da xuntanza cos traballadores sen comprometer nada,  provocando máis frustración nunha terra que conta por milleiros os despedimentos e as angustias de que non chegue un salario a casa.  Marean as palabras para despistar as súas mentiras: que habería dique flotante e abundante carga de traballo. No entanto, nunha mistura terrible de desinterese e violencia contra Ferrolterra, afogan as oportunidades dunha industria tan potente como os estaleiros públicos da nosa ría; e matan o tempo negándose a desenvolver as medidas precisas para aproveitar as oportunidades do naval público, porque a axenda oculta do PP pasa por propiciar o desmantelamento dos estaleiros públicos de Ferrolterra. O dique flotante, a nova carga de traballo e os investimentos para Astano son as claves desta loita por Ferrolterra.

 

Comedia de Feijóo