Estabilidade (I)

|

Ultimamente fálase moito da necesidade de garantir a estabilidade no país, propiciando un goberno de maioría, mantendo no goberno ao PP. A cuestión é  saber a quen beneficia esa estabilidade e o mantemento do poder en mans dos que levan catro anos gobernando sen facer outra cousa que botarlle ao goberno anterior a culpa de todos os males da xente. Por suposto que os primeiros beneficiados desa estabilidade son os que conservarían os seus cargos cos seus importantes soldos, de xeito que non é estraño que defendan esa estabilidade. En troques, a min gustaríame poder preguntarlles en que sairán beneficiadas coa estabilidade todas aquelas persoas que nestes últimos catro anos perderon o seu traballo; e os que viron recortados os seus dereitos; e os que quedaron sen axudas para os seus dependentes; e os que tiveron que pillar as maletas e saír mundo adiante: (“Este vaise e aquel vaise...”). Para eles, a estabilidade parece máis ben unha burla. Ou non é? 

Estabilidade (I)