Xenebra

|

Veñen de se cumprir 80 anos do recoñecemento da Galiza como nación pola Sociedade de Nacións de Xenebra. Este feito, acontecido no ano 1933 no marco do IX Congreso  de Nacionalidades Europeas,  reflicte que a reivindicación nacional non é unha ocorrencia de hai uns días nin un invento dos nacionalistas.  
Non é, pois, antidemocrática a reivindicación do dereito a decidir nin o seu exercicio tal como adoitan afirmar as forzas políticas do réxime. Do mesmo xeito que estas  non van ser quen de impedir este proceso nin coa propaganda preñada de mentiras, nin con ameazas, nin con estratexias represivas xa empregadas en etapas históricas pasadas. Velaí, máis unha vez, de novo a cuestión “territorial”  –que non resolveu a primeira transición co café para todos– neste momento centrada en Catalunya como unha oportunidade para a democracia. O solpor esvaece entre pólas espidas que anuncian a invernía. 
 

Xenebra