25 de abril

|

iven a oportunidade de festexar os 43 anos da revolução dos cravos, que hoxe se cumpren, dun xeito moi especial. Puiden asistir a un concerto de Paulo de Carvalho, o intérprete da cación “E despois do adeus” que representou a Portugal no Festival de Eurovisión do ano 74 e que serviu de sinal radiofónico para o inicio das operacións militares que remataron coa ditadura salazarista. Para boa parte da poboación, mesmo portuguesa, a canción que se ten como referencia é a que se usou como segundo sinal: Grândola, Vila Morena, de José Afonso. Ningunha delas de cariz poítico e por iso nada sospeitosas. Aínda que esta última si o adquiriu a partir dese momento e especialmente durante as protestas do pobo portugués contra as esixencias da Troika no ano 2013. Ata se creou o verbo grandolar, que é interromper a alocución dun político cantando a canción para deixar vén claro que: “O povo é quem mais ordena”. Só falta que o creamos realmente e o fagamos ver. 25 de abril, sempre.
 

25 de abril