Naval público

Agora que chega a recta final das cruciais eleccións xerais, onde nós imos xogar a sorte da xente traballadora, das próximas xeneracións deste país, escollendo entre democracia  e dereitos para a xente do común ou restauración e privilexios para unha elite, os traballadores e traballadoras do naval público de Ferrolterra nos lembran coas súas loitas  que os gobernos do PP son inimigos dos estaleiros públicos na nosa ría, polo tanto do futuro da nosa xente. Como non os poden pechar manu militari como quere a súa ideoloxía neoliberal, os estrangulan lentamente, con promesas incumpridas, co desleixo que nega investimentos produtivos como o dique, cunha carga de traballo tan exigüa que mantén a plantilla principal na subocupación, que non recupera os máis de 4.000 postos de traballo destruídos nas auxiliares e como efecto derivado na cidade, ou retrasando un plan industrial que define e afortale o futuro dunha industria clave para Ferrolterra. A defensa do naval, o porvir de Ferrolterra, escríbese coas loitas obreiras e sociais que  derroten o  PP.
 

Naval público

Te puede interesar