Ser ou non crer

|

Semella que o verdadeiro problema do PSOE non está en elixir entre o non e a abstención, senón, como diría o “nachiño” aquel da caveira, entre o ser ou o non ser, un partido socialista fiel aos principios do seu fundador Paulino (Pablo) Iglesias. Porque houbo unha deriva notable no rumbo do partido cando, conducido polo “felipismo” se cambiou á socialdemocracia, que unha especie de socialismo “descafeinado”. Coido que o partido socialista debería voltar as súas orixes, porque con Paulino “podemos” facer que as cousas vaian moito mellor para a xente do común. Claro que esta é unha opinión dun home da rúa, que non ten máis valor que o que se lle queira dar. Nembargante, hai unha cousa certa que non admite discusión: os homes e as mulleres da rúa son os que poden darlle o voto a un partido que mire por xerar traballo con salarios xustos e unha vida digna. E xa que logo, asumir e lexitimar a corrupción, entregando o poder ao PP, non parece o mellor camiño. Ou si?

Ser ou non crer