DE EXCUSAS E COARTADAS

Os cidadáns xa descubriron que o Goberno de Rajoy aproveita a crise para facer da súa capa un saio e a custe cero. Permítanme que me explique. A situación de dificultade que atravesamos é a a coartada perfecta para levar ao extremo os seus postulados neoliberais, e ao mesmo tempo baixo a excusa de que nada funciona, meterlle ao estado do benestar, ao de todos, uns machetazos que están grabando na cidadanía a mensaxe de sálvese quen poida, ou como din no Salnés que cada un se safe.

Xa coñecemos o guión: o público non é sostible, o privado é máis eficaz e non hai nada millor que a xestión privada do público ( enténdase imos repartir a tarta cos nosos que sempre as frangullas serán nosas). Rajoy e Feijoo ( tal para cual maraghota e media) xa o din a cotío. Feijoo xa o anunciou para a sanidade.

Xa circula por radio macuto o que pagaremos por estar enfermos, por darlle de comer no hospital, acompañar a un familiar … E todo o que fan pretenden que lle salga a custe cero. Aplican a mesma mensaxe de sempre: a culpa é de Zapatero, e eles que prometeron o ouro e máilo mouro, son inocentes de facer todo o contrario do que prometeron. Fan un engano masivo, pero pretenden que se lle poña no debe dos que tamen tiveron que sortear a crise, pero nunca tocaron os piares básicos do de todos. Anuncian catástrofes cada venres. Por transparencia? Mentira, é para ter a excusa e a coartada para seguir sustituindo o de todos polo deles.

 

DE EXCUSAS E COARTADAS

Te puede interesar