Comicios

Diante da proximidade dos novos comicios, nótase certo nerviosismo nos partidos políticos, que preparan as súas “armas” para competir cos rivais. Agora parece que hai moitas posibilidades de que o goberno municipal estea presidido por unha muller, que podería ser a candidata socialista, o que sería unha novidade no noso concello. Coido que sería interesante comprobar a canción aquela de que, “si las mujeres mandasen / en vez de mandar los hombres/ serían balsas de aceite...”. En calquera caso, a aspirante á Alcaldía deberá soportar toda unha serie de ataques que se producirán contra a súa persoa por parte dos que nunca xogaron limpo e que non admiten a posibilidade de que gobernen outros que non sexan os seus. Lembro os rabiosos ataques e insultos que sufriron Manolo Couce e Xaime Bello desde prensa e radio na súa época de alcaldes. A conclusión é que o acosado pode ser calquera que non sexa do PP. Os acosadores son sempre os mesmos. ¡Pobre Ferroliño!

 

Comicios

Te puede interesar