Animais

Seica o día 4 foi o Día Mundial dos Animais, detalle que seguramente pasaría con máis pena que gloria para a maioría da xente, malia a importantísima labor que todos eles teñen na ecoloxía; e xa non falemos daqueles que fan posible unha mellor calidade de vida para os discapacitados, para os enfermos, para os nenos, para os maiores sen outra compaña ou incluso para rescate de accidentados. Por iso, paréceme de xustiza ese recoñecemento, sequera unha vez no ano. Nembargante, aínda que haxa unha lei que promove as adopcións e sanciona o abandono e o maltrato destes amigos dos humanos, poderíase facer algo máis, por exemplo, reducindo o IVE, cousa que pode animar a moita xente a ter unha mascota. Porque ter un animal na casa significa uns gastos e uns coidados que hai que asumir. E ademais da responsabilidade que supón, pagar un 10% pola comida e un 21% polos gastos de veterinario, semella excesivo. Aínda que eles merezan iso e moito máis. Porque teñen dereito. Ou non?

Animais

Te puede interesar