MEDIAS

|

O cálculo da media, igual que calquera enquisa, pode proporcionar insospeitados resultados. Lembro que hai moito tempo, cando a carne de polo escaseaba e estaba moi cara, nun xornal se falaba de que en España cada cidadán consumía unha media de tres polos por ano. Evidentemente había moitísima xente que non o cheiraba nin de lonxe, pero era “a media”. Pois ben, lin na prensa hai uns días que, a media das pensións nas sete cidades galegas aumentaba, sendo o maior aumento en  Santiago, con 20 euros e que, o aumento en Ferrol  era de 15 euros. Como queira que a miña pensión non subiu máis que uns poucos céntimos, grazas á “magnificencia” do Goberno, púxenme a matinar no estraño desa subida e, atopei un par de xustificacións para ese aumento: Unha, a incorporación de novos pensionistas de maior nivel económico; a outra, o falecemento de moitos dos pensionistas do menor nivel. Así, a media pode que suba, pero a miña pensión queda como está. E que non ma baixen!

MEDIAS