IGUALDADE

Semella que a nosa Democracia só consiste en votar para escoller as persoas que se encargarán de facilitarnos a vida ou de amargárnola, segundo quen mande. Persoalmente,  eu non lle outorgo creto a un sistema no que, o valor dos votos non son iguais, segundo a parte do país no que che tocou vivir. Parece que agora se abre unha nova etapa política na que se poda solucionar esa grave inxustiza. Penso escribirlles aos “magos de occidente” pedíndolles que solucionen ese tema. Xa sei que a alguén lle parecerá unha parvada pedir xustiza para unha cousa tan xusta, tendo en conta que hai moitas cousas importantes que amañar, pero eu son así de parvo e, polo tanto, non concederei creto ningún a esta falsa democracia, ata que o voto da máis humilde muller, da aldea máis humilde, teña o mesmo valor que o voto do ricacho máis rico da máis grande cidade. Votar está ben, pero todos cos mesmos dereitos. Iso non resolve todos os problemas, claro, pero sería un bo comezo.  

IGUALDADE

Te puede interesar