Xustiza seria

|

Hai momentos nos que un dubida da seriedade da Xustiza neste país, sobor de todo, despois de ver como se transgriden leis e se suceden sentenzas xudiciais que levan tempo e tempo sen se cumprir e sen que ninguén poña remedio a esa anomalía. No libro “Jueces pero parciales” recóllense gran cantidade de inxustizas cometidas por aqueles que deberían xulgar con imparcialidade e, denúnciase a “pervivencia del franquismo en el poder judicial”. Na actualidade poderíase falar da “Lei de la Memoria Histórica”, ou de casos de xuíces íntegros separados dos seus cargos, ou de casos de corrupción destapados polos  xornalistas  e que se tardan anos en xulgar. Aquí cerquiña temos tres sentenzas declarando a ilegalidade da Planta de Gas de Reganosa que, malia a todo, segue funcionando e ameazando con ampliacións. E non pasa nada. Eu crerei  nesta xustiza o día que vexa manifestarse aos xuíces nas rúas, esixindo o cumprimento das súas sentenzas. Sería unha gozada, que non?   
 

Xustiza seria