Axustes

Semella que os mecanismos da Xustiza son como os dun coche vello,  que ten moitos problemas e que precisa facer uns axustes, máis aló de retoques de chapa e pintura. Parece que, cada quen tira da xustiza para a súa banda, facendo a súa interpretación dos feitos. Ás veces acúsana de parcial e logo presionan, para acadar un ditame axeitado aos seus desexos, tratando de definir ao seu xeito o que é ou non é delito ou violencia, ou o que é politicamente correcto ou economicamente posible. Moitas veces prodúcense sentenzas xudiciais que logo son anuladas por instancias superiores; porque hai moitos graos de xustiza. E pode ocorrer que, un Tribunal Supremo dite unha sentenza que logo é anulada polo mesmo Tribunal ou outro ”máis Supremo”. Ou se un goberno, que se di demócrata e fala de separación de poderes, fai uso desa “separación”, para deixar sen efecto unha sentenza dun Tribunal Supremo, como no caso de Reganosa. Ou sexa, precisa axustes, pero “cachondeo” non é, verdade?

Axustes

Te puede interesar