A Democracia é por definición, o goberno do pobo, para o pobo, pero sin o pobo o que para gobernar, como soberano que é, elixe aos seus representantes legais que son os partidos políticos e os seu rexedores. Dentro desta definición xeral, caben unha gran cantidade de versións de acordo coa idiosincrasia de cada país, nas que non vou a entrar.Nestes tempos, a pesares de, ou máis ben debido a, tanta proliferación de partidos e de políticos, estamos sumidos nunha crise permanente á que non se lle ve o final. Un chega a conclusión de que este é o estado normal do noso país. Non sei a onde nos vai levar esta mistura de partidos e “partidiños”.
Todos teñen razón, todos teñen solucións, todos son democráticos pero o resultado é que cada día estamos peor, o paro subindo a cifras nunca vistas, a bolsa baixando a cotas de pánico e o creto do país polo chan. Por si todo isto fóra pouco, aí temos aos cataláns amolando, (con jota en castelán), coa súa teima da independencia, e Pedro Sánchez,¡válame! Deus!, negociando con eles.
Unha solución podería ser que os políticos, todos, sexan “amateurs”, co que renunciarían, con toda seguridade, os que chegan á política movidos por ambicións e intereses espurios que nada teñen que ver con unha vocación de servizo á sociedade.
Deste xeito a situación melloraría porque estes, cuxa misión é resolver problemas, non fan máis que crealos co gallo das súas ambicións persoais e de partido. Ben sei que isto non pasa de ser unha utopía, pero din que a grandes males, grandes remedios.
Á política tense que ir, non pode ser doutro xeito, por vocación. Non se pode ir a ela a gañar un diñeiro fácil, porque isto conduce directamente á corrupción. E por iso que os políticos deberían facer, libre e voluntariamente, xunto con unha declaración de principios, unha declaración de bens, antes, durante e ao remate da súa traxectoria ao servizo dos seus semellantes. Esto non eliminaría completamente a corrupción, por aquelo de que o que fixo a lei, fixo a trampa, pero axudaría moito a reducila. Aos corruptos declarados, convictos e confesos, aplicarlles a lex dura lex co a obriga de devolver os cartos roubados ou gañados ilegalmente aproveitándose do seu cargo. Morto o can, acabouse a rabia.
É necesario buscar outro xeito de gobernar, exixindo solucións e eliminando os políticos ineptos e corruptos, que non consideren que o fin principal do seu traballo ten que coincidir co que sexa mellor para o país, esquecendo o enriquecemento persoal. O que non pense así e teña outros intereses, que se dedique a outra cousa.
Democracia si, pero tamén sentido común, anque algúns pensen, polo que se ve, que este é o menos común dos sentidos,