Coincidencias

Teño contado nalgunha ocasión que entre os recordos máis nítidos que teño da infancia están as fotos dos guerrilleiros cubanos que aparecían nas portadas de El Ideal Gallego, o diario que nesa altura se lía na casa. O primeiro de ano cumpríronse 60 anos do triunfo da revolución. Aproveito esta coincidencia para lles desexar o mellor no ano que comezou.

Outras imaxes xornalísticas que tamén teño moi vivas son as da visita do presidente norteamericano Eisenhower a Madrid, poucos días antes de finalizar ese mesmo ano de 1959. Ao cativo que eu era chamáranlle moito a atención tanto foto da torre de Madrid formando a palabra IKE coas luces das xanelas como impresionante Lincoln descapotable no que Franco -vestido de militar- e Eisenhower se pasearan polo centro de Madrid. Esta imaxe de Franco -como algunha outra, subido ao tamén descapotable Rolls, que coñecín anos despois- veume á mente mirando a chegada de Bolsonaro ao Congreso de Brasilia para a toma de posesión. Despois da coincidencia no Rolls, signo de ostentación, chegou a identidade de xestos e palabras: o ultranacionalismo, a simboloxía -a bandeira, a relixión e a familia... e as ameazas aos discrepantes.

Coincidencias

Te puede interesar